LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS 2012

Aquí tedes varias actividades Lim preparadas  polo SEMINARIO GALAN sobre VALENTIN  PAZ-ANDRADE para facer en liña. Son  actividades estupendas  coma  sempre.  Grazas  por  este  traballo tan maravilloso e útil.



Educación Infantil
Actividades sobre Valentín Paz Andrade para o segundo ciclo de Educación Infantil
Educación Infantil
Actividades sobre Valentín Paz Andrade para o segundo ciclo de Educación Infantil
Primaria 1º ciclo
Actividades sobre Valentín Paz Andrade para o primeiro ciclo de Educación Primaria
Primaria 1º ciclo
Actividades sobre Valentín Paz Andrade para o primeiro ciclo de Educación Primaria
Primaria 2º ciclo
Actividades sobre Valentín Paz Andrade para o segundo ciclo de Educación Primaria
Primaria 2º ciclo
Actividades sobre Valentín Paz Andrade para o segundo ciclo de Educación Primaria
Primaria 3º ciclo
Actividades sobre Valentín Paz Andrade para o terceiro ciclo de Educación Primaria                 
                                                                  


Primaria 3º ciclo
Actividades sobre Valentín Paz Andrade para o terceiro ciclo de Educación Primaria
BIOGRAFÍA DE VALENTÍN PAZ ANDRADE

Un ano máis a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar un monográfico especial con recursos para traballar nas aulas o día das Letras Galegas. Este especial compila materiais didácticos como actividades, unidades didácticas, exposicións, propostas normalizadoras, xogos, etc. elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo, institucións, etc. e pretende facilitar o  labor nos centros educativos.

    Páxina de Valentín Paz Andrade

    Esta imaxe ten un enlace que vos permitirá visitar doadamente a páxina de Valentín Paz Andrade, onde podedes encontrar a súa biografía, fotos, anacos da súa obra, as últimas noticias relacionadas co autor..

      Video Valentín Paz Andrade

      Se queredes  saber mái  sobre Valentín Paz  Andrade aquí  vos deixamos un video que  emitíu  a  TV  no ano 2002   no espazo  “Galegos de Honra”.
      O programa está realizado con imaxes do arquivo de TVG no que Paz Andrade, de viva voz, evoca as influenzas que recibiu na súa mocidade do intelectual galeguista Alfonso Rodríguez Castelao, e tamén de seu tío, o poeta Juan Bautista Andrade.
      No programa “Galegos de Honra” tamén participa o seu fillo, Alfonso Paz-Andrade, que evoca a figura de seu pai.


         LETRAS GALEGAS 2010
        Este é o Libro multimedia de actividades elaborado polo equipo Tics sobre o Día das Letras Galegas no ano 2010.

         LETRAS GALEGAS 2011

        ENLACES A LIBROS LIM LETRAS GALEGAS 2011

        LIBRO LIM LOIS PEREIRO 1
        LIBRO LIM LOIS PEREIRO 2
        LIBRO LIM LOIS PEREIRO 3 ( DIRIXIDO AO 1º CICLO DE EP)
        LIBRO LIM LOIS PEREIRO (INFANTIL)

        VIDEO 1 SOBRE LOIS PEREIRO            VIDEO 2


        Lois Pereiro

        Homenaxeado Ano 2011


        Lois Pereiro
        Homenaxeado Ano 2011

        Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996)

        Autor de culto, representante da eclosión creativa dos 80 e da contracultura. "Nas letras galegas constitúe unha liña de intensidade vital e de formas contemporáneas. Alguén, como di Manuel Rivas, semellante á figura de Manuel Antonio nos anos 20". Con estas palabras presentaba Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega (RAG) a Lois Pereiro, o autor que se homenaxea no Día das Letras Galegas 2011. Del dixo tamén Manuel Rivas: "é un mito contemporáneo. A súa obra é vangardista, universal e tamén dramática, pero con moito alento. Lois Pereiro invoca aos bos espíritos, as marabillas, a rebeldía e a xenerosidade”.
        Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos (Lugo) en 1958. Con dezasete anos marcha a Madrid para cursar estudos en Políticas que abandona logo para introducirse na informática e nos idiomas. En Madrid inicia a súa traxectoria literaria na revista experimental Loia xunto cun grupo de universitarios galegos como Antón Patiño, Menchu Lamas, Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Fermín Bouza e Vicente Araguas, e da que só se coñecen catro números (o último é de 1978). Nesta publicación apareceron algúns dos poemas do escritor monfortino que posteriormente se incluirán no seu libro Poemas para unha loia (1996), no que tamén se inclúe o ensaio “Modesta proposición para renunciar a facer xirar a rida hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia” que fora dado a coñecer a través das páxinas da revista Luzes de Galiza.
        Xa de regreso en Galicia, Pereiro forma parte do Grupo de Amor e Desamor que editou dous libros con ese mesmo título. Pereiro figura, pois, nas antoloxías colectivas De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985) nas que tamén aparecen Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de tendencias moi diversas pero que compartían inquedanzas culturais.Á iniciativa deste mesmo grupo débese tamén o mantemento da revista Luzes de Galicia onde, ademáis do mencionado ensaio, viron a luz os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso.
        Pereiro tamén foi incluido en 1987 na antoloxía Después de la modernidad na que aparecían Luis Alberto de Cuenca, Bernardo Atxaga, Felipe Benítez ou Pedro Casariego. En Galicia Lois Pereiro compaxina profesionalmente o exercicio da tradución co labor poético, e contribuiu coas súas aportacións a artellar varias antoloxías colectivas.
        Aínda que publicou poemas e artigos en varias revistas culturais, non foi ata 1991 que aparece a primeira das súas dúas únicas obras publicadas en vida: Poemas 1981/1991 (1992). Tres anos máis tarde edítase Poesía última de amor e enfermidade (1995). Os dous poemarios son duras e espidas obras nas que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e a certos trazos da contracultura.
        Lois Pereiro falece enfermo en A Coruña en 1996. Aparecen póstumos: Poemas para unha loia (1997), recopilación da súa primeira poesía que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia; e a novela inconclusa Náufragos do paradiso, publicada en Luzes de Galiza.
        A Real Academia Galega (RAG) desta as “colaboracións” do poeta lucense, “sempre reticente á difusión individual do seu traballo” e lembrou as súas contribucións como letrista a Radio Océano e como redactor de guións televisivos. A RAG sinala, tamén, que Pereiro cultivou desde os seus inicios “unha imaxe e unha estética” que fixeron del un “autor de culto”: “cartografiou como ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para elo o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo”. A RAG entende que a súa proposta artística callou na sensibilidade emerxente sumerxida no posmodernismo e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo e acuciante”. Reivindicou o “compromiso” da súa obra, “a temática e a súa forma”, ademáis do seu carácter “contemporáneo”.
        Obra en galego:
        • Lois Pereiro (1992). Poemas : 1981-1991, Edicións Positivas, S.L.. ISBN 84-87783-12-0.
        • Lois Pereiro (1995). Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995), Edicións Positivas, S.L.. ISBN 84-87783-34-1.
        • Lois Pereiro (1997). Poemas para unha loia, Espiral Maior. ISBN 84-89814-30-9.